VIALIA
bannerPicnicSesions

Mostra do Posible

25setTodo o día26Mostra do PosibleFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Cangas

Detalles do eventos

Esta fin de semana celébrase en Cangas a Mostra do Posible, un encontro aberto que reúne a persoas involucradas nos movementos sociais galegos, empresas da economía solidaria e entidades cooperativas comprometidas co medio ambiente, coa democracia e a equidade. A temática que percorre esta edición é o desafío dunha transición xusta ás enerxías renovables. Mención especial merece o posto do Mercado Social Galego no que atoparanse solucións de consumo consciente en ámbitos como a enerxía, a telefonía, a banca ou os seguros.

Durante o sábado 25 e o domingo 26, na alameda de Cangas, terán lugar charlas, obradoiros, presentacións e actuacións culturais, así como unha Feira de produtos ecolóxicos e artesanos. O evento é gratuíto e aberto ao público.

PROGRAMA

Sábado

  • 11h: Charla ‘Enerxía e economía solidaria’
  • 11.30h: Charla obradoiro ‘Reciclado e reutilización de equipos informáticos con software libre’
  • 12h: Teatro infantil ‘Tilintilonia’
  • 12.30h: SeSON Vermú ‘A lo cubano’
  • 16h: Charla ‘Tecendo redes. Ecoloxismo e economía solidaria’
  • 17h: Presentación ‘Comando Igualdade’ con Priscila Retamozo
  • 17.30h: Charlando con Fiare Banca Ética
  • 18h: Charla ‘Ameaza eólica en Galicia’
  • 19h: Obradoiro ‘O Círculo da ESS’
  • 20.30h: Visualización ‘Tameiga 4 anos de resistencia veciñal’

Domingo

  • 11h: Presentación de Colonias Canguesas e Galgos 112
  • 12h: Obradoiro ‘Escritura e autocoidado’
  • 12h: SeSON Vermú ‘Dous’
  • 16h: Charla ‘Decremento. Construíndo alternativa’
  • 16.30h: Obradoiro infantil ‘O xogo das Pingas’
  • 18h: Charla ‘ O impacto da horta sostible na intervención social’
  • 19h: Concerto de Su Garrido Pombo

Máis

Hora

setembro 25 (Sábado) - 26 (Domingo)(GMT+02:00)

Localización

Cangas

Rúa Peirao de Ojea, 36940 Cangas, Pontevedra

Other Events