VIALIA
bannerPicnicSesions

Mostra do posible

17out(out 17)12:0018(out 18)21:00Mostra do posibleFESTIVAS E FEIRAS | De balde12:00 - 21:00 (18)(GMT+02:00) Cangas

Detalles do eventos

IV edición da Feira da Economía Social e Solidaria Galega que terá lugar na Alameda Nova de Cangas o sábado 17 e domingo 18 de outubro.

Como outros anos, a Alameda Nova encherase de postos nos que achegarse ás cooperativas da Economía Solidaria e ás propostas dos colectivos sociais. Nesta edición 30 entidades, como SOS Racismo Galicia, Ecoloxistas en Acción, Catro Ventos editora ou as Colonias Canguesas, confirmaron a súa participación. Unha importante novidade será a ampla programación cultural para esta fin de semana.

Presentacións de proxectos de cooperativas galegas:
Sábado 12h – Catro Ventos Editora e 13 grados – O libro do clima e Alén do azul. O mundo submarino da ría de Vigo
Sábado 17h – Colectivo Epona Terra – Comunidade e soberanía alimentaria
Sábado 18:30h – Agrupación Xosé Velo – Solidariedade galega con Latinoamérica
Sábado 20h – Ecoloxistas en acción – Presentación do documental A cidade que soñamos
Domingo 17h- Obradoiro de autocrítica para mulleres
Domingo 17h- A nova moeda galega, a Sabia
Domingo 18:30h – Marcha mundial das mulleres – Palestra A feminización da pobreza

Actuacións:
Sábado 13h – Estrela Gómes – Música en sesión vermú
Sábado 17:30h – Compañía Asacocirco
Domingo 12h – O baúl da tía Tola – Estrazalonia, teatro para peques de 1 a 5 anos
Domingo 13h – A lo cubano – SeSón vermú
Domingo 17h – Mago Carlangas – Temporal, a viaxe a través do tempo
Domingo 18h – A Artística – Apnea, danza performance
Domingo 19:15h – Katerina Linke – Melodías en branco e negro, recital de piano

De xeito paralelo, celébranse a Escola das economías transformadoras e a Feira de ecoloxía e artesanía. Esta última amplíase un día nesta edición e comezará o venres 2. Contará con 20 postos de artesáns e produtores ecolóxicos.

Máis

Hora

17 (Sábado) 12:00 - 18 (Domingo) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Cangas

Rúa Peirao de Ojea, 36940 Cangas, Pontevedra

Other Events