REVISTA ABRIL

MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA

19nov20:00MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTAESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

VENRES 18 E SÁBADO 19 DE NOVEMBRO · 20:00 HORAS -MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA – Talía Teatro

Xénero: teatro comedia
Autoría: Darío Fo
Dirección e adaptación: Cándido Pazó
Escenografía e deseño de iluminación: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Elenco artístico: Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala e
Rubén Prieto

Seguramente esta afirmación non sería moito do seu agrado, pero a día de hoxe podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Por iso Talía Teatro quixo unirse á inmensa nómina de compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, madía leva, a máis emblemática de todas. Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público. Porque, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events