CAMELIAS MASCOTAS

Mercado reciclado

13abr12:00Mercado recicladoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:00(GMT+02:00) Simia Espacio

Detalles do eventos

A primavera xa está aquí e o cambio de tempada merece unha nova edición do Mercado Reciclado dedicado en exclusiva á segunda man e o vintage. Un convite a facer un cambio de armario consciente, apostando pola reutilización. Esta nova edición do Mercado Reciclado terá lugar o sábado 13 de abril en horario continuado de 12:00 a 21:00 h en Simia Coworking.

Con Mercado Reciclado Felicetta Gualtieri retoma ese espíritu co que comezou o seu negocio. “Nun inicio non ía ser un evento periódico, pero a xente mo pediu”, conta Gualtieri. Nesta feira mensual encontramos prendas de segunda man, xoias artesás e marcas que, como ela, practican a suprerreciclaxe textil. “Creo que os mercados son imprescindibles para as pequenas marcas e tamén un punto de encontro para non sentirnos tan soas”. Engade que as veces o importante non é vender moito na propia feira, pero si darse a coñecer.

Na primeira planta haberá doce postos variados. Na entreplanta atoparás o taller de Felicetta Gualtieri, onde poderás cambiar tres prendas por outras tres na zona de troco.

A comida vegana corre a cargo de Sukha Funk.

Programa:

12:00 h: inicio do evento
13:00 h: concerto de Arrorró, concerto de música tradicional galega a cargo dun quintento formado por alumnos da ETRAD
17:30 h: dj session con @Miguel.garabatos (mezclas efímeras)
19:30 h: dj session con @borradortrans (electrónica experimental)
21:00 h: fin do evento

Máis

Hora

13 abril, 2024 12:00(GMT+01:00)

Localización

Simia Espacio

Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra

Other Events