REVISTA NOVEMBRO

Este é un evento repetitivo

Taller de pintura en roupa

07nov18:00Taller de pintura en roupaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

O proxeto social de Cáritas Moda-Re ofrece, en colaboración con Vialia, un taller gratuíto de personalización de roupa. Os participantes neste obradoiro aprenderán técnicas de estampaxe e pintura xunto á talentosa artista local Felicetta Gualtieri. Ao rematar a actividade, os asistentes poderán levar candasúa prenda personalizada!

Felicetta Gualtieri é unha artista venezolana afincada en Vigo que aposta polo upcycling, un conxunto de técnicas que utilizan a creatividade para dotar de valor engadido obxectos que xa existen, pero non utilizamos. É tamén, a mente creadora dos Mercados Reciclados que mensualmente se celebran en Simia Coworking. Durante estos talleres en Vialia, terá un posto especial onde poderemos adquirir as súas pezas únicas de upcycling, ideais para quen busca moda creativa e responsable.

Moda-Re é un proxecto posto en marcha por Cáritas, que xa creou 35 empregos para persoas en situación de vulnerabilidade en Vigo.

Datas e Horarios:

Xoves 7 de novembro: 18:00-19:00 e 19:30-20:30
Venres 8 de novembro: 18:00-19:00 e 19:30-20:30
Sábado 9 de novembro: 12:00-13:00 e 13:30-14:30

Localización: Centro Comercial Vialia, Estación de Vigo

Custo: Taller gratuíto! Só 20 prazas por quenda, necesario inscribirse neste formulario.

Máis

Hora

7 novembro, 2024 18:00(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events