COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Miriam Sandoval 

29set21:00Miriam Sandoval CONCERTOS | 10,00€21:00(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

O vindeiro venres 29 de setembro a cantautora Miriam Sandoval presenta en Vigo o seu disco “Cantigas Trashumantes“.

Neste traballo a cantautora ha musicado poetas galegos que viviron emigrados en diferentes países de Latinoamérica, utilizando os ritmos autóctonos dos países que acolleron aos devanditos poetas.

Tango, bossa, chacarera, candombe, vidala, valse, son algúns dos ritmos escollidos para contextualizar a paisaxe sonora no que os poetas desenvolveron a súa obra no exilio.

Pura Vázquez, Eduaro Branco Amor, Emilio Pita, Luís Tosar, Eduardo Varela, Celso Emilio Ferreiro, Avilés de Taramancos e Francisco Luís Bernárdez son os autores seleccionados.

Este concerto ademais, serve para presentar a nova formación que acompaña á artista: Juan Sanchez Santomé en baixo, Jorge Guerra en batería e Diego Vimana en piano.

Máis

Hora

29 setembro, 2023 21:00(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events