Milladoiro no Festival Chandefolk
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán reforzará a súa simbiose con Milladoiro o vindeiro sábado 24 de agosto no Chandefolk. O grupo de referencia internacional no folk galego repite neste festival
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán reforzará a súa simbiose con Milladoiro o vindeiro sábado 24 de agosto no Chandefolk. O grupo de referencia internacional no folk galego repite neste festival senlleiro da parroquia de Chandebrito para festexar os seus 45 anos de música polo mundo. A entrada é de balde e no recinto haberá una cantina con bebidas e comida a cargo da Comisión de Festas da Parroquia.
Catro anos antes, no 2020, ofreceron dentro deste mesmo evento un concerto emblemático ao ter inaugurado un monumento na súa honra e ter participado os seus compoñentes na reforestación de 7.000 m² queimados nos incendios de 2017 nunha superficie que se bautizou como ‘Bosque de Maeloc’, en homenaxe aos 40 anos do seu primeiro disco.
Nesta nova ocasión, contarán con Donicelas como teloneiras (21:30) para subir ao escenario de Chan de Rapadouro (ao carón do campo de fútbol) a partir das 22:00 .
O concerto será signado por sendas intérpretes de lingua de signos e o Concello disporá das súas mochilas vibratorias para todas aquelas persoas xordas que o soliciten previamente no 690679675 ou no mail info@entresignos.com.
Máis
Hora
24 agosto, 2024 21:30(GMT+01:00)
Localización
Campo de fútbol de Chandebrito (Nigrán)
Rúa do Torreiro, 36360 Chandebrito, Pontevedra
Séguenos nas redes