COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Microteatro: Porta Aberta e Fauna 113

24ago20:00Microteatro: Porta Aberta e Fauna 113ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Praza do Abanico

Detalles do eventos

A praza do Abanico do Casco Vello Alto de Vigo converterase este xoves 24 de agosto ás 20h nun teatro ao aire libre no que poderemos gozar de dúas obras de microteatro a cargo dos grupos de teatro afeccionado Porta Aberta e Fauna 113.

Porta Aberta presentará o seu espectáculo O velorio, na que dúas irmás en pleno velorio, manteñen unha conversa post-mortem do máis interesante, intentando pescudar a razón de como chegaron a esta situación.

A segunda obra será Sopa de Morcego do grupo vigués Fauna 113, na que se conta a historia dunha parella en crisis de dúas mulleres que atopan na realidade virtual un revulsivo á súa relación.

Máis

Hora

24 agosto, 2023 20:00(GMT+02:00)

Localización

Praza do Abanico

Rúa San Sebastián, 12 36202 Vigo Pontevedra

Other Events