Microteatro: Porta Aberta e Fauna 113
Detalles do eventos
A praza do Abanico do Casco Vello Alto de Vigo converterase este xoves 24 de agosto ás 20h nun teatro ao aire libre no que poderemos gozar de dúas obras
Detalles do eventos
A praza do Abanico do Casco Vello Alto de Vigo converterase este xoves 24 de agosto ás 20h nun teatro ao aire libre no que poderemos gozar de dúas obras de microteatro a cargo dos grupos de teatro afeccionado Porta Aberta e Fauna 113.
Porta Aberta presentará o seu espectáculo O velorio, na que dúas irmás en pleno velorio, manteñen unha conversa post-mortem do máis interesante, intentando pescudar a razón de como chegaron a esta situación.
A segunda obra será Sopa de Morcego do grupo vigués Fauna 113, na que se conta a historia dunha parella en crisis de dúas mulleres que atopan na realidade virtual un revulsivo á súa relación.
Máis
Hora
24 agosto, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
Praza do Abanico
Rúa San Sebastián, 12 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes