
17mar20:30Microescena LabACTIVIDADES PARA O COCO | 4€20:30 A Morada
Detalles do eventos
Chega a primeira xornada de Microescena Lab, un espazo para a experimentación escénica onde poder ser testemuña do proceso creativo de distintas propostas de artes vivas. Microescena Lab
Microescena Lab
Chega a primeira xornada de Microescena Lab, un espazo para a experimentación escénica onde poder ser testemuña do proceso creativo de distintas propostas de artes vivas. Microescena Lab consiste nun itinerario onde o público, dividido en catro equipos, transitará a través das catro pezas breves que ocuparán os distintos espazos que ofrece a propia arquitectura da Morada, onde todo é susceptíbel de convertirse en escenario.
Unha experiencia de creatividade e aprendizaxe, onde a comunicación entre público e creadoras acontece a través do non convencional, do ensaio e erro, da exploración.
Nesta primeira xornada do 17 de marzo ás 20:30h, poderemos asistir ás propostas de Eva Comesaña, Lúa Pagán e Raquel Rollos, Lapuesta/Vanessa Lozano, Ío Blanco e Noa López .
Organizado por Constance Hurlé e Isolda Comesaña.
Máis

(Venres) 20:30
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra