REVISTA ABRIL

'Meteorito' de Lara Lars 

18out19:30'Meteorito' de Lara Lars ARTE E MUSEOS | De balde19:30(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

“Meteorito” é a exposición que nos presenta a ilustradora galega Lara Lars, arquitecta arrepentida e reconvertida en artista. Unha mostra na que Lars lévanos de viaxe por un universo propio que leva xa máis de 10 anos creando, un universo no que, coa técnica da colaxe, recontextualiza imaxes creando a súa propia visión cun imaxinario que transita entre edificios brutalistas, ovnis, postais kitsch e mulleres floreiro dos anos 50s reconvertidas en heroínas cunha visión empoderada que reivindica o papel de protagonistas do seu propio historia.

Lara Lars, combina o seu traballo máis persoal con colaboracións para marcas como H&M, Shiseido, Bombai Sapphire, ou Loewe ou con proxectos para o concello de Madrid ou o Ministerio de Igualdade, ademais de con unha sección no programa “ Entre dúas luces” en Radio Nacional. Todo iso levouna a expoñer a súa obra en Madrid, Barcelona, Nova York ou Honk Kong, ademais de ser elixida pola revista Forbes como unha das 100 mellores influencers.

Agora, en “Meteorito” gozaremos en Maraca da súa obra máis persoal, mesmo cun toque autobiográfico, onde as súas colaxes falan da autora pero tamén dan voz á súa xeración, unha xeración con conciencia social que se preocupa e defende as causas sociais e moitas veces incomprendida, cousa que non evita que busque a súa propia voz, e álcea.

Ademais, como actividade dentro da expo, a artista dará un taller de colaxe na galería os días 4 e 5 de novembro. Info e inscricións en info@galeriamaraca.com

Máis

Hora

(Martes) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events