
Mestisound: Aromarey Soundklap + Brigada Sound
Detalles do eventos
Volta unha vez máis Mestisound á Sala Doppler Vigo!!! Mestisound é a fusión de distintos estilos da música global e underground, dende a música do
Detalles do eventos
Volta unha vez máis Mestisound á Sala Doppler Vigo!!!
Mestisound é a fusión de distintos estilos da música global e underground, dende a música do trópico ata os ritmos frenéticos dos balcáns, facendo parada nos ritmos xamaicanos ou no folclore galego. Isto remexido con toques electrónicos dan pé a un sinfín de estilos como a electrocumbia, afrobeats, balkanbeats, dub, kuduro, funk ou jungle por ponher uns exemplos.
O próximo sábado 23 de abril a partir das 23:30h estará de invitado especial Aromarey Soundklap, afincado en Navarra mais é procedente de Baeza (Jaén). Amante da música nos seus sets podese escoitar infinidade de xéneros musicais que abarcan un gran campo de estilos da música xamaicana como son: Roots, early reggae, digital, dub, rocksteady, dancehall, soca… Sendo seus principios na cultura hip-hop tambén é moi frecuente atopar nos seus sets cortes de rap, breaks, funk ou soul, mais tamén balkan, cumbia salsa ou swing. Todo mesturado cunha dosis electrónica ven dar: Ghettofunk, balkanbeats, electrocumbia, dubwise, drum&bass, raggajungle, etc.
Para acompañar a Aromarey teremos a familia brigadista con Dj Jotafumeiro e @sapoconchosemponcho con ritmos globais que fan da mestisound unha pista de baile distinta, inclusiva e para toda a xente con ganas de pasalo ben
Máis
Hora
23 abril, 2022 23:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Doppler
Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes