CANS

Este é un evento repetitivo

Mes do Medio Ambiente en Naturnova

09xuñ17:00Mes do Medio Ambiente en NaturnovaPEQUERRECHOS | De balde17:00(GMT+02:00) Naturnova

Detalles do eventos

O Centro Interactivo da Educación Ambiental de Afundación, Naturnova, programou diversas propostas durante todo o mes de xuño. Coincidindo coa celebración dalgunhas das efemérides incluídas no calendario de conmemoracións internacionais da ONU, como o Día Mundial do Medio o luns 5 de xuño, o Día Mundial dos Océanos o día 8, e o Día das Xentes do Mar o 25 de xuño, impulsarán durante todo este mes un completo programa de actividades co obxectivo de promocionar a sostibilidade e colaborar na súa implantación no día a día da sociedade.

Para facilitar o acceso a este centro de referencia na divulgación de valores ambientais, celebraranse dous días de portas abertas, o día 3 de xuño e o vindeiro sábado 10 de xuño. Ademais, os máis pequenos poderán acudir a un obradoiro de bolboretas, insectos e arácnidos os días 9, 16, 17 e 23 de xuño para poder ver, tocar e aprender sobre o papel fundamental dos insectos nos ecosistemas, con contidos adaptados ás idades dos participantes.

Ambas as propostas forman parte de «Cultura por alimentos», polo que a entrada ás actividades farase a cambio do depósito de alimentos non perecedoiros que se doarán ao Banco de Alimentos local. Ademais, desde o día 21 de xuño, programouse a «Xincana de pintafontes», un percorrido «pirata» no que os participantes, por equipos, aprenderán distintos aspectos do universo, a terra e o medio ambiente. A actividade, adaptada a dous niveis de dificultade, de 3 a 5 anos e de 6 a 12 anos, pode realizarse de martes a venres, durante o mes de xuño e en xullo de luns a venres.

Como colofón, Naturnova estreará un novo módulo interactivo sobre o proxecto PLANCTO, que desenvolve a Obra Social de ABANCA en areais e costas galegas, co obxectivo fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas que levan a cabo no medio marítimo e co que se lograron recoller desde o seu inicio, en 2021, máis de 43 toneladas de residuos mariños.

Portas abertas – 10/6
Obradoiro insectos – 9,16,17,23/6
Xincana de pintafontes – de martes a venres, durante o mes de xuño e en xullo de luns a venres

Máis

Hora

9 xuño, 2023 17:00(GMT+02:00)

Localización

Naturnova

Rúa Velázquez Moreno, 18, 20, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events