VIALIA
bannerPicnicSesions

Mercado reciclado

26nov16:0022:00Mercado recicladoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde16:00 - 22:00(GMT+01:00) Simia Espacio

Detalles do eventos

O 26 de novembro, Simia Coworking organiza un mercado reciclado en contraposición ao black friday. Unha iniciativa coa que queren apoiar a economía local e circular.

Este mercado basease nunha sesión de troco e venda de ropa de segunda man que tamén poderás transformar a través de diferentes técnicas de upcycling, xa que contarán con ilustradoras e ilustradores de luxo que che axudarán co proceso. En paralelo, haberá proxectos de deseño de autor, como artesanía loca, que amosa o valor do feito a man.

Tamén estarán presentes os tatuadores de Xeitoso Ink, que organizan un Flash Day Tattoo.

Para animar a ocasión estará Michu Da Rocha ás 18:30h, dando unha descarga de rock garage. E pola súa parte, Swing On Vigo faran mover os pés e a alma cos seus bailes ás 20:30h.

Sábado 26 de 16:00 a 22:00

Máis

Hora

(Sábado) 16:00 - 22:00(GMT+01:00)

Localización

Simia Espacio

Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra

Other Events