O Mercado reciclado desafía ao Black Friday cun evento que aposta polo local e a reciclaxe
Detalles do eventos
Este sábado 25 celébrase o primeiro aniversario do Mercado Reciclado, unha iniciativa da deseñadora de moda Felicetta Gualtieri, que cada mes amosa marcas locais
Detalles do eventos
Este sábado 25 celébrase o primeiro aniversario do Mercado Reciclado, unha iniciativa da deseñadora de moda Felicetta Gualtieri, que cada mes amosa marcas locais de roupa upcycling, segunda man e artesanía.
Este mes cambia a súa ubicación a A Morada, con horario de 11:00 a 20:00, e 21 artesás con moitas ganas de compartir o seu traballo. Baixo o lema ‘Aquí non hai Black Friday Vol. 2’, neste mercado atoparemos artigos cheos de historias únicas e poderemos coñecer a persoa que está detrás de cada un destes proxectos. Ademais haberá diversas actuacións musicais e oferta gastronómica vegana. Tamén haberá zona de intercambio do banco de donacións do taller.
Entre os 21 artesáns que participan na feira deste sábado atopamos no eido do textil marcas como Adanegra Textil con pezas que lle dan unha volta a tradicción ou os complementos feitos con textiles reciclados de Longa Vida Handmade. No campo da bisutería poderemos coñecer proxectos como o de Son Alma, que deseña pezas únicas feitas a man coa flora dos montes de Galicia. No apartado máis artístico, poderemos descubrir o traballo de artistas como Raquel Plata ou Isis Tonente.
Música en directo:
12:30 Punk de Lavandería
13:30 DJ Set Funk/Soul
17:00 DJ set reggae/soul
19:00 Concerto acústico Ainhoa Martínez
Sobre o proxecto
O upcycling (ou suprarreciclaxe) é un un conxunto de técnicas que utilizan a creatividade para dotar de valor engadido a obxectos que xa existen, pero non utilizamos. Nesta feira mensual encontramos prendas de segunda man, xoias artesás e marcas que practican a suprerreciclaxe textil. “Creo que os mercados son imprescindibles para as pequenas marcas e tamén un punto de encontro para non sentirnos tan soas”, explica Felicetta Gualtieri, creadora desta iniciativa.
Máis
Hora
25 novembro, 2023 11:00 - 20:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes