
5ª edición do Mercado Medieval de Lavadores
Detalles do eventos
Despois do longo parón, volve a 5ª edición do Mercado Medieval de Lavadores, organizado pola asociación veciñal e Acaoga. O mercado formaranno máis de 20
Detalles do eventos
Despois do longo parón, volve a 5ª edición do Mercado Medieval de Lavadores, organizado pola asociación veciñal e Acaoga.
O mercado formaranno máis de 20 postos de artesanía e alimentación, onde se poderán mercar artigos de pel, xoias, calzado, así como pan de millo, doces típicos ou polbo á feira.
Ademais, os asistentes poderán sentir esta viaxe ao pasado paseando entre músicos, bufóns, pernilongos, bruxas e malabaristas ou participando nos talleres de esgrima e tiro con arco. Tamén haberá atraccións para o os máis pequenos, pirotecnia e un espectáculo de lume.
As actuacións musicais corren a cargo das agrupacións da zona e outros grupos convidados.
O Mercado Medieval estará situado no parque de Barreiro, do venres 11 ao domingo 13 de novembro.
Máis
Hora
11 novembro, 2022 16:30 - 13 novembro, 2022 20:00(GMT+01:00)
Localización
Parque de Barreiro
36215 Vigo, Pontevedra