PORTAMERICA
REVISTA NADAL

MERCADO DO NADAL ARTESÁN-CULTURAL

21dec12:0021:00MERCADO DO NADAL ARTESÁN-CULTURALFESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:00 - 21:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O sábado 21 de decembro (de 12:00 a 21:00 horas) o espazo cultural Évame Oroza acollerá un mercado do Nadal con produtos artesáns e culturais, que farán as delicias de todas aquelas persoas que se acheguen ao longo do día.

Neste mercado poderedes atopar unha gran variedade de artigos e edicións literarias para o gusto de todas e todos e ademais teredes a posibilidade de falar cos artistas, os expliquen como é o seu traballo e no caso dos libros, asinen os exemplares. Un gran plan para este sábado no Casco Vello Alto de Vigo!

Neste evento participarán:

  • Elvira Jardón e Luis Boullosa: Elvira Jardón é poeta e fotógrafa. As súas fotografías capturan a fermosa violencia do cotiá e reflexionan sobre o paso do tempo. Luis Boullosa é escritor, músico e artista. Como artista, realiza ilustración e collages nos que condensa a súa mirada curiosa.
  • Leite edicións é un proxecto independente e autoxestionado, que edita e publica a poetas e amigas. Sempre en formato fanzine, as publicacións de Leite Edicións acollen poesía, banda deseñada e formatos de variedades. Este proxecto, coordinado por Afra Torrado e Pablo Rodríguez, ten a súa base en Vilagarcía de Arousa e distribúe desde alí o seu material de forma caseira e artesanal.
  • Edicións Malafera é unha quimera en todos os sentidos da palabra. Esta editorial independente e autoxestionada con sede en Vigo nace en 2021 “do noso amor á literatura e da nosa frustración co sistema literario”. Pretende crear un espazo para obras que non entran no mainstream dos premios e as editoras grandes.
  • Newt Crafts é un proxecto colaborativo, artesanal, multidisciplinar, no que os principais protagonistas son a ilustración a serigrafía e o téxtil en diferentes soportes. David ou Davida, o debuxante disléxico. Pinta, colorea, cose e serigrafía, Iria ou Irika, pinta, debuxa, colorea e leva as RRSS e todo o que teña que ver con ordenadores e O Operario que é realmente traballa mentres os demais din que fan.
  • Editorial Elvira é un selo independente dedicado á poesía, ao libro de artista e á literatura en xeral. Nada en 2013 da man do poeta Carlos Oroza na cidade de Vigo,
  • Fosfatina é unha editorial veterana e independente nada en Vigo e orientada na creación plástica contemporánea especializada no cómic contemporáneo, os libros de artista e a risografía.
  • Bananna Nailz é un salón de beleza e uñas do Paseo de Alfonso en Vigo, que ademais aposta polos bolsos e bixutería, feitos a man. En Évame Oroza porá a venda estes artigos artesanais e ademais ofrecerá uns deseños de uñas sinxelos para poder realizar alí mesmo nun espazo de tempo curto.

E para que non falte de nada, ás 19:00 horas celebraremos a Cerimonia de Gaivotas, un encontro de creadores que recitarán os seus poemas nun “micro aberto”, aberto á participación espontánea de todas aquelas persoas interesadas na poesía que queiran compartir os seus versos.

Máis

Hora

21 decembro, 2024 12:00 - 21:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events