Meet&Greet: Tanxugueiras

20out18:00Meet&Greet: TanxugueirasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Fnac Vialia

Detalles do eventos

O trío galego Tanxugueiras estará en Vigo o vindeiro xoves 20 de outubro. Pasarán á tarde na tenda Fnac do CC Vialia asinando CDs e coñecendo a todos os fans que se queiran achegar a velas.

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son Tanxugueiras, tres cantareiras para unha nova década. Só elas son capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu empoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.
O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzarllo de novo ao mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que xa as fixo triunfar en escenarios de varios países.

Máis

Hora

(Xoves) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Fnac Vialia

Plaza de la Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events