COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Mauricio Caruso Trío - Atravessia + Jam session

30mai21:15Mauricio Caruso Trío - Atravessia + Jam sessionCONCERTOS | 5,00€21:15(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Na súa diversidade musical, o guitarrista brasileiro Mauricio Caruso atopa en Galicia a dous grandes músicos que, ademais da súa bagaxe e experiencias en diferentes estilos musicais, tamén se identifican coa música afrobrasileira que é a proposta de Caruso no seu trío. Con Roi Adrio na batería e percusión e Rafa Morales no baixo, en 2019 únense para este proxecto, que mestura temas orixinais e reinterpretacións de clásicos da guitarra brasileira de compositores como Garoto, João Pernambuco, Dilermando Reis, Baden Powell e outros como. Hermeto Pascoal, Egberto Gismonti, Sivuca, Guinga e Marco Pereira. Nun formato que vai dende a guitarra clásica ata a eléctrica, achegan unha proposta musical con moita enerxía e apertura nos seus momentos de improvisación sobre estes clásicos.

Mauricio Caruso – Guitarra
Rafa Morales – Baixo
Roi Adrio – Batería

Foto: Paco Triskel

Máis

Hora

30 maio, 2023 21:15(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events