Mauricio Caruso Trío - Atravessia + Jam session
Detalles do eventos
Na súa diversidade musical, o guitarrista brasileiro Mauricio Caruso atopa en Galicia a dous grandes músicos que, ademais da súa bagaxe e experiencias en diferentes estilos musicais, tamén
Detalles do eventos
Na súa diversidade musical, o guitarrista brasileiro Mauricio Caruso atopa en Galicia a dous grandes músicos que, ademais da súa bagaxe e experiencias en diferentes estilos musicais, tamén se identifican coa música afrobrasileira que é a proposta de Caruso no seu trío. Con Roi Adrio na batería e percusión e Rafa Morales no baixo, en 2019 únense para este proxecto, que mestura temas orixinais e reinterpretacións de clásicos da guitarra brasileira de compositores como Garoto, João Pernambuco, Dilermando Reis, Baden Powell e outros como. Hermeto Pascoal, Egberto Gismonti, Sivuca, Guinga e Marco Pereira. Nun formato que vai dende a guitarra clásica ata a eléctrica, achegan unha proposta musical con moita enerxía e apertura nos seus momentos de improvisación sobre estes clásicos.
Mauricio Caruso – Guitarra
Rafa Morales – Baixo
Roi Adrio – Batería
Foto: Paco Triskel
Máis
Hora
30 maio, 2023 21:15(GMT+02:00)
Localización
A Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes