REVISTA ABRIL

MATT HILL & THE BLUE DREAMERS

20mai22:00MATT HILL & THE BLUE DREAMERSCONCERTOS | Desde 12,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rouge

Detalles do eventos

Matt “Heartbreak” Hill, é o marido e fiel compañeiro sobre o escenario da espléndida Nikki Hill.
Matt Hill estará no “Mais que Blues – Cervexas Alhambra” de Vigo, onde chega por primeira vez para presentar o seu proxecto máis persoal. Matt é coñecido polo seu bo facer ás seis cordas á beira da súa inseparable Niki Hill e outros proxectos paralelos, onde queda perfectamente reflectida toda a súa herdanza e a súa paixón polo Blues, Soul, R&B, .. O seu álbum de debut, ” On the Floor” (2010) e o seu posterior ” Tappin’ That Thang”, son dous claros exemplos das influencias musicais de Matt.

Os seus concertos son incendiarios, pura enerxía rock& roll con delicadas e sutís pílulas de Soul & Blues, que nos ofrecerá en compañía dunha super banda procedente de Memphis, como son ” The Blue Dreamers”, catro músicos que foron e son banda de acompañamento de artistas de gran renome como John Németh, Nicole Atkins, John Paul Keith e moitos outros.

Máis

Hora

(Venres) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events