Maryland

21out21:30MarylandCONCERTOS | Desde 8,00€21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Maryland son unha formación viguesa que en 2009 dan a sorpresa coándose na final do concurso Grupo Revelación Nacional organizado polo Festival Contempopránea.

O seu traballo é avalado por Julio Ruíz de Disco Grande -Radio 3- e por Jaime García Soriano-Sexy Sadie- que produce o seu disco debut ‘Surprise’ (Ernie, 2009). Un traballo marcado polo pop de guitarras americano que busca a melodía desde o primeiro momento, e no cal Jaime achega a súa guitarra en gran parte dos cortes, o teclado e a súa característica voz en ‘This estafe’. Jaime implicouse ao máximo no proxecto, tanto que a última semana de gravación pasárona na súa terra, Mallorca. Nos estudos Urban Producións de Palma contactaron con outro Sexy Sadie, Toni Toledo, que colaborou nas mesturas do disco.

Venres 21 ás 21:30

Entradas á venda en www.wegow.com

Máis