Faladoiro: María Vinyals, a marquesa “roja” – A Movida

outubro, 2020

14out19:00Faladoiro: María Vinyals, a marquesa “roja”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

María Vinyals, que asinou en ocasións como “Marquesa de Ayerbe” e “María Lluria”, foi unha adiantada do seu tempo, a quen en 1906 a Real Academia Galega nomeou académica correspondente, xunto a outras trece escritoras. Coñecida como a Marquesa Roxa polas súas ideas progresistas, foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres.

Naceu e viviu no castelo de Soutomaior . Foi escritora, articulista, activista social, feminista e sufraxista. Está considerada como unha das pioneiras na introdución do feminismo en Galicia xunto a Emilia Pardo Bazán, con quen mantivo amizade. María Vinyals frecuentou os debates intelectuais dos cafés de Madrid, espazos reservados naquel momento aos homes. As súas ideas feministas levárona a escribir sobre a desigualdade, colaborando con diversas revistas madrileñas e americanas nas que expoñía a súa opinión sobre o lugar que debía ocupar a muller na sociedade. Reclamaba formación para as mulleres e a igualdade legal cos homes. En 1906 escribía sobre a situación das mulleres «a súa situación na nosa sociedade é anormal, é arcaica. Modificada por completo a vida do cidadán, a existencia da muller, é con escasas diferenzas, a mesma que hai dous séculos…» A figura de María Vinyals foi recuperada para a historia a partir dos anos 90 do século XX. A exposición “De María Vinyals a María Lluria. Escritora, feminista e activista” inaugurada en outubro de 2017 no Museo de Pontevedra recolleu fotografías, cadros, manuscritos, libros e correspondencia e foi comisariada por Aurora Marco e Ma Ángela Comesaña. No mesmo ano publicouse tamén o libro ”De María Vinyals a María Lluria. Escritora, feminista e activista social” escrito por Aurora Marco e Mª Ángela Comesaña e editado polo Museo de Pontevedra e a Deputación Provincial de Pontevedra.

Máis

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

X