REVISTA ABRIL

María do Carme Kruckenberg. Vivir, unha aventura irrepetíbel

08outTodo o díaMaría do Carme Kruckenberg. Vivir, unha aventura irrepetíbelARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

Do 7 de outubro ao 10 de novembro pódese visitar a exposición ‘María do Carme Kruckenberg. Vivir, unha aventura irrepetíbel‘, que realizou a Fundación Fermín Penzol, comisariada por Mercedes Queixas Zas. Está instalada na sala Rosalía de Castro da sede da institución provincial en Vigo.

A través de doce paneis informativos sobre a autora e a súa obra, oito mesas expositoras con fondos de arquivos bibliográficos e obxectos persoais, e un audiovisual que amosa diferentes intervencións da escritora, o público repasará, non só a súa creación literaria, senón tamén vivencias persoais claves na súa escrita. A mostra pretende poñer en valor a figura de María do Carme Kruckenberg coma unha muller pioneira entre as escritoras galegas de posguerra e a súa incesante actividade literaria ao longo da súa vida. Kruckenberg foi unha intelectual, cosmopolita e liberal, adiantada a súa época e cunha gran cultura amais dunha alta capacidade autodidacta. A obra da autora viguesa abarca máis de vinte poemarios, varias escritos narrativos, traducións e incluso participou como actriz na obra de teatro de Álvaro Cunqueiro “Érase una vez…”. Colaborou tamén con diversas revistas e diarios e foi vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega, sendo galardoada co Premio Alecrín, a Medalla de Galicia, a Medalla Castelao, o Premio Laxeiro ou o título de Viguesa Distinguida.

Máis

Hora

Outubro 8 (Sábado)(GMT+02:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events