Margarida Mariño
21ago21:00Margarida MariñoCONCERTOS | 8,00€21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
Nada en Vigo e licenciada no Conservatorio Liceo de Barcelona, a traxectoria de Margarida Mariño esténdese por agrupacións como a Orquestra Sinfónica Vigo 430 (OSV430), a Orquestra Ressonnance
Detalles do eventos
Nada en Vigo e licenciada no Conservatorio Liceo de Barcelona, a traxectoria de Margarida Mariño esténdese por agrupacións como a Orquestra Sinfónica Vigo 430 (OSV430), a Orquestra Ressonnance (Suiza), ou La Vía del Concerti (Italia) entre outras. A súa exploración dos límites sonoros e estéticos do violoncello a teñen levado a experimentar con xéneros onde o seu instrumento non é tan común, como o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, a música espontánea, ou participar en colectivos de improvisación libre.
A súa proposta en solitario presenta un repertorio orixinal para violoncello inspirado en temas como a ecoloxía, o cambio climático ou as migracións humanas, utilizando pedais de efectos, voz e loops cos que logra crear texturas únicas y complexas orquestacións que dan lugar a un estilo moi persoal no que xéneros tan aparentemente diverxentes como o postrock, o triphop ou a música clásica vibran cunha soa voz.
Nesta ocasión especial contará coa colaboración do violoncellista vigués afincado en Holanda, Iván Nogueira.
AFORO LIMITADO / USO DE MASCARILLA
Reserva a túa entrada en:
reservasrebullon@gmail.com
Socios: Gratis
Taquilla: 8€
Máis
Hora
21 agosto, 2020 21:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Séguenos nas redes