COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Maratón Fotográfico Virtual

10out10:0020:00Maratón Fotográfico VirtualACTIVIDADES PARA O COCO | 10,00€10:00 - 20:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Como cada ano os/as participantes empregarán todas as súas habilidades creativas para fotografar o que lles suxiran os temas do Maratón durante 36 horas.

Esta nova edición do Maratón Fotográfico en formato Virtual ven cargada de novidades!

Ao non ser presencial, pódese participar dende calquer lugar, xa sexa de Vigo ou de outra parte. Eso si o día da entrega de premios deberá estar presente, se non quedará descalificado.

Ao ter que convivir con Covid-19 decidiron facer esta edición Virtual, onde darán todos os temas nas súas redes e todas as novas. Así conseguen non xenerar aglomeracións de xente.

A exposición realizarase no museo MARCO, pero tamén contarán cunha exposición virtual.

O pagamento da cota é necesario para confirmar a participación, pode facerse de tres formas: Por transferencia bancaria, ingreso nun caixeiro de Caixabank ou usando a pasarela de pago da súa web.

A entrega das fotos farase por entrega mediante email, utilizando algunha plataforma coma Wetransfer, Filemail, Google Drive, etc.

Premios:
1° premio: 1.250€
2° premio: 650€
3° premio: 350€
3 Accésits

Toda a información para participar a atoparedes na web
www.agrupacionfotograficagalega.com

Máis

Hora

10 outubro, 2020 10:00 - 20:00(GMT+02:00)