
20abr21:30MarahCONCERTOS | Desde 18,00 €21:30 Sala Master Club
Detalles do eventos
Os irmáns Dave e Serge Bielanko forman Marah en Philadelphia alá por 1993 e anos máis tarde publican “Let’s Cut The Crap & Hook Up Later On Tonight”,
Marah
Os irmáns Dave e Serge Bielanko forman Marah en Philadelphia alá por 1993 e anos máis tarde publican “Let’s Cut The Crap & Hook Up Later On Tonight”, un álbum case acústico repleto de grandes cancións bañadas en lume, suor e alcohol. Steve Earle obsesiónase con eles, os ficha para o seu selo, e acto seguido gravan “Kids In Philly”, a súa primeira obra mestra. Son inclasificables, un grupo de rock con toques roots pero coa enerxía dunha banda de punk. A súa fama de gran grupo de directo corre na fala da xente, os seus fans matarían por eles.
O grupo tivo moi bo comezo pero pasou etapas complicadas debido ás idas e vindas dos integrantes do grupo. Agora Dave Bielanko reúne Marah de novo, pero sen o seu irmán Serge, que decidiu dedicarse por completo á escritura e abandonar as xiras e a música. Aínda así, trátase dunha fusión ‘Dream Team’ dos mellores compoñentes de Marah: Os veteranos Dave Petersen (batería) e Adam Garbinski (baixo/ guitarra), membros da mellor versión da banda entre 2004 e 2008 comparten escenario co mítico Slo-Mo Brenner (slide guitar/baixo), quen gravou discazos como ‘Kids in Philly’ e se non é suficiente, para terminar o equipo, un mozo de tan só 18 anos que dará moito que falar, Gus Tritsch (violín/guitarra).
Así é a formación que Marah presenta esta primavera! Un tándem único que nos garante grandes noites de enerxía, suor e emoción. Xoves 20 ás 21:30 h na Sala Master Club.
Máis

(Xoves) 21:30
Sala Master Club
Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra