Augusta

17ago(ago 17)11:0006set(set 6)14:30Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentosARTE E MUSEOS | De balde (agosto 17) 11:00 - (setembro 6) 14:30 Museo Marco

Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos

Mostra de produción propia do Museo MARCO, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez, que ten como obxectivo ofrecer unha nova ollada sobre a obra dun dos pintores chave na historia da arte galega: Manuel Colmeiro.

Baixo o título Espazos e encadramentos, e conformada por unha selección de obras procedentes do comodato e de diferentes coleccións, acompañadas de material documental, a mostra configúrase a partir dunha coidada investigación e relectura do sentido, obxectivos e incidencia da obra de Colmeiro. Unha visión diferente, máis contemporánea que historicista, que intenta achegar novas lecturas e enfoques. Faise especial fincapé na implicación do artista nos debates arredor da figuración na Europa e América dos anos vinte e trinta, os debuxos de guerra, e outros momentos menos coñecidos do seu traballo.

Na sala de exposicións da primeira planta.

Horario:

Martes a sábado: 11 – 14:30 e 17 – 21

Domingo: 11 – 14:30

Luns pechado

Máis

Hora

Agosto 17 (Luns) 11:00 - Setembro 6 (Domingo) 14:30

X