banneraQUALIA
bannerRevistaOnline

Este é un evento repetitivo

07out20:00Manual de comportamientoESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Teatro Ensalle

Manual de comportamiento

“En xuño de 2020 e en plena pandemia, os Ensalle mandáronme unha serie de materiais para ver e ler, xunto cun longo e prolífico cuestionario. As respostas que eu achegase, xunto coas respostas doutras persoas máis, serían a base do seu seguinte espectáculo.
Como o cuestionario abarcaba todos, ou case todos, os aspectos da vida, pareceume pouco edificante dar unha resposta tan fragmentada a este misterio que é o asunto de vivir. Así que englobei todo nun pequeno texto que titulei: Á mantenta da incerteza.
O texto é unha reflexión que parte da premisa de que todo o noso comportamento social e individual depende fundamentalmente de como cada persoa, ou grupo de persoas, xestionan o asunto da incerteza. Esta pequena reflexión, salpicada de poemas, daba resposta desde este punto de vista a todo tipo de asuntos.
En 1927 Heisenberg, físico alemán, enuncia o principio de incerteza, que establece que hai algúns pares de magnitudes, como a posición e o momento dunha partícula, que non están definidos simultaneamente. Isto significa que canto máis nos esforcemos para medir a súa posición menos información teremos acerca do seu momento lineal, que está definido pola súa masa e a súa velocidade nun instante determinado.
E viceversa.
Así que, en 1927 queda demostrado que a vida e a súa devir é impredicible en certa proporción e o desasosego que provoca isto en nós é o que xera as respostas fundamentais que damos a que significa vivir.
Esta reflexión é a que sustenta a base textual do espectáculo Manual de comportamento cando todo está perdido.
O espectáculo móstrase como unha conferencia que está en diálogo cuns textos poéticos.
Ou ao revés: como uns textos poéticos que están en diálogo cunha conferencia.
A unión (imbricación) da acción física coa palabra.
A palabra en escena como unha procura de como dicir poesía desde o movemento (movemento físico e movemento vocal).
Un pequeno e afastada homenaxe a Danzade, danzade, malditos. O espazo escénico é unha recreación conceptual do espazo de concurso de baile da película They Shoot Horses Dont They, que en España traduciuse como Danzade, danzade malditos.
Un espazo de baile onde este deixa de ser un xogo e pasa a ser produtivo.
A música, composta por Mariano Lozano, é a música de organillo das prazas, das vodas, unha música arraigada na nosa memoria e que é banda sonora de desexos, desamores, esperanzas”

Cambaleo Teatro

  •  venres 07-10-2022 20:00
  •  sábado 08-10-2022 20:00
  •  domingo 09-10-2022 20:00

Máis

X