REVISTA MAIO

Manolo García

21outTodo o díaManolo GarcíaCONCERTOS | Desde 60,00 €(Todo o día: sábado)(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Manolo García presenta a súa Xira de Teatros 2023 na que regresa aos escenarios nun renovado formato no que interpretará en directo as cancións do seu último traballo de estudo que está composto por un dobre álbum e que inclúe os títulos Mi vida en Marte e Desatinos Desplumados, e que pulverizaron o pasado ano todos os récords de venda alcanzando o Número 1 e Número 2 nas listas oficiais.

Trala súa exitosa Xira 2022 na que colgou o cartel de sold out en todos os seus concertos, Manolo García inicia un novo proxecto no que regresa aos escenarios cun formato renovado no que percorrerá os mellores teatros da xeografía española presentando este espectacular directo ao público dunha forma máis próxima. 

Cando se cumpren dúas décadas da súa traxectoria en solitario, precedidas do inesquecible El Último da Fila, o músico barcelonés entréganos estes dous novos traballos, puro Manolo García no seu mellor momento. Gravados entre Girona e Pozuelo de Alarcón (Madrid), “Mi vida en Marte” e “Desatinos Desplumados” reúnen 27 cancións coa firma de Manolo García –incluída unha nova versión da canción “Busco Cielos”–.

Manolo García actuará o vindeiro 21 de outubro no Auditorio Mar de VigoAs entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com e van dos 60, a máis barata, aos 80,00 €, a máis cara.



Máis

Hora

21 outubro, 2023 Todo o día(GMT+02:00)