REVISTA ABRIL

Ma,me,mi... Mozart

22out19:00Ma,me,mi... MozartPEQUERRECHOS | Desde 5,00€19:00(GMT+02:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

O festival Pequeclassics, que ata o 6 de novembro presentará en diversas cidades galegas seis espectáculos musicais dirixidos a nenos e rapaces, presenta o sábado 22 de outubro en Vigo ‘Ma, me, mi… Mozart‘, un espectáculo producido polos servizos educativos de L’Auditori de Barcelona con centos de representacións nos últimos anos. 

Un grupo de fans de Mozart reúnense para gozar da súa música. Os nosos personaxes, como bos fans, queren imitar a maneira de vestir, cantar, tocar,… do seu ídolo. É por iso que o vestiario ten todos os elementos característicos da época de Mozart, e a música que interpretan son as diferentes versións que fan das súas obras.

A instrumentación utilizada, moi diferente á usada por Mozart, e os arranxos con que foron tratadas as obras, achegan as composicións de Mozart a outros estilos musicais próximos ao noso século.

DATA: Sábado 22
HORA: 19.00 h
LUGAR: Teatro Salesianos (Vigo)

Entradas á venda en www.ataquilla.com

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events