VIALIA
bannerPicnicSesions

Malo Será!

25xuñ21:00Malo Será!ESPECTÁCULOS | Desde 13,00€21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Este sábado, día 25, volve Malo Será! aos teatros Vigueses. Os mellores cómicos e cómicas de Galicia citanse en Vigo, no Auditorio Mar de Vigo. Lucía Regueiro presenta esta nova temporada do formato que leva á televisión aos teatros e os teatros á televisión. Xosé A. Touriñán, Lucía Veiga, Evaristo Calvo, Josito Porto e Marita Martínez , serán os encargados de protagonizar os distintos sketchs desta terceira función da temporada. En cada espectáculo haberá un convidado especial que participe co resto do elenco nos sketchs. Nesta terceira función na cidade de Vigo, será María Mera e Jazmín Abuín as artistas que acompañarán ao equipo de Malo Será!

Ademais, para promocionar o talento novo, tamén participará unha actriz ou actor local en cada unha das cidades e vilas polas que pasará o espectáculo. Nesta terceira parada, Raúl Alonso e Sara Fernández sumarase ao elenco dando vida a diferentes personaxes. Os cómicos contarán co apoio dunha banda que interpretará a música en directo e un impresionante decorado cunha pantalla xigante para recrear as situacións máis delirantes. En total, un equipo de máis de 60 persoas estará traballando nos teatros para poder levar adiante un espectáculo único en Galicia.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)