COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

'MALETA FUNDACIÓN 30 Km/s'

18mai(mai 18)11:0028xul(xul 28)18:00'MALETA FUNDACIÓN 30 Km/s'ARTE E MUSEOS | De balde(maio 18) 11:00 - (xullo 28) 18:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Exposición bibliográfica
En decembro pasado chegou ao porto de Vigo o veleiro “A Baleine” (da asociación Mégafaune) tras unha travesía dende o seu lugar de orixe -Douarnenez, na Fisterra francesa- e traendo a bordo a “Maleta Fundación 30 Km/s”, que contiña un conxunto de publicación doadas e enviadas por Esteban B. Chassaigne para a Biblioteca-Centro de documentación do MARCO. Con ocasión do Día Internacional dos Museos, e en liña co lema de “sostibilidade” deste ano 2023, a Biblioteca do MARCO organiza unha mostra destas edicións, que se exhibirán a público a partir do 18 de maio, acompañadas de fotografías e documentación. Alén do carácter poético da iniciativa, a idea é fomentar unha reflexión sobre a xestión dos recursos fósiles e os seus límites, e o renacemento de transportes con enerxías verdaderamente renovables, como o vento.

Datas: do 18 de maio ao 28 de xullo
Lugar: Biblioteca-Centro de Documentación
Horario: martes, mércores e xoves, de 11.00 a 14.15 e de 17.00 a 20.00 / venres, de 11.00 a 14.15
Para: público en xeral

Máis

Hora

18 maio, 2023 11:00 - 28 xullo, 2023 18:00(GMT+02:00)