REVISTA ABRIL

Máis que Blues: Will Jacobs

30xuñ21:00Máis que Blues: Will JacobsCONCERTOS | 15,00€21:00(GMT+02:00) Sala Rouge

Detalles do eventos

Will Jacobs antes da súa participación no “Mar de Blues” que terá lugar na Guarda os días 1 e 2 de Julio, fará unha previa parada na cidade olívica o 30 de Xuño formando parte do “Mais que Blues- Cervezas Alhambra”. Onde entre outros estará acompañado no escenario, por Mr. Julian Vaughn, o que foi batería de Albert King e B.B. King.

Will Jacobs posúe unha extensa carreira como guitarrista de Blues, aprendendo dos máis grandes da escena de Chicago e tocando entre outros moitos artistas con: Linsey Alexander Blues Band, Toronzo Cannon, Shemekia Copland, Sharon Lewis, Mike Wheeler Band,….. . Destaca pola súa sutileza e gran dominio das seis cordas, ademais de ser un gran compositor está dotado dunha bronceada voz que lle permite deslizarse sutilmente entre o Blues e o Soul.
En 2019, xunto á súa banda, deron un dos mellores concertos do festival Blues Cazorla onde regresarán este 2022, aínda que antes poderemos gozar dese directo no Mais Que Blues- Cervezas Alhambra, onde estará arroupado por Marcos Coll, sobradamente coñecido no mundo do Blues, é un dos mellores armonicistas das últimas décadas e fundador dos Reyes do K.O. . xunto a Will Jacobs publicou en 2019 “Takin Our Time” .
No escenario tamén estará Javier Vacas ao baixo, todo un amante do Blues e coñecido por ser membro fundador de Sex Museum, Os Coroas,…

Como artista invitado e abrindo este concerto de Vigo estará o bluesman Remi Bankyln que virá directamente desde Londres para deleitarnos co seu Blues Tradicional.
VÍDEO: https://www.youtube.com/watch?v=bB_ObsUeLds

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events