REVISTA ABRIL

Máis Que Blues: Tia Carroll

15out22:00Máis Que Blues: Tia CarrollCONCERTOS | Desde 15,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rouge

Detalles do eventos

Tia Carroll naceu no ano 1958 en Richmond, California, onde medrou escoitando a músicos como Stevie Wonder, Larry Graham, Ike e Tina Turner… Comezou a cantar nunha banda de rock a principios dos 80 ata que o destino a levou ser vocalista do bluesman Jimmy McCracklin e de divas do blues como Sugar Pie De Santo ou E.C. Scott. Pero afortunadamente non quedou aí, xa que houbo moitas mais actuacións memorables ao longo da sua carreira acompañando a Eddie Money, The Coasters with Leon Hughes e como abreconcertos de Gladys Knight, Ray Charles, Patti LaBelle e Tower of Power.

É un exemplo de loita, de como, a pesar das dificultades atopadas no camiño, unha muller tamén pode reinar no mundo da música. Tia Carroll na actualidade é unha das voces máis recoñecidas no mundo do Blues & Soul, onde foi recoñecida con premios como: Mellor líder femenina no 2016; Mellor Vocalista Femenina de Blues da Costa Oeste 2017 , Mellor disco de Blues Tradicional 2018… e así ata o recente e prestixioso Jus´ Blues Award a mellor discografía no 2022.

No Mais que Blues – Cervezas Alhambra de Vigo a maxestuosa Tia Carroll contará no escenario ca presenza de catro grandes do Blues internacionais como son: Curro Serrano (guitarra), David Salvador (baixo), Quique Gómez (harmónica) e o gran baterista francés Guillaume Destarac.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events