
11mar22:00Måi + Zeltia IrevireCONCERTOS | Desde 8,00€22:00 Sala Rebullón
Detalles do eventos
Zeltia Irevire é un trío de música Folk Tribal, é un proxecto de música ligado ao pobo formado en 2019 en Santiago de Compostela. Comezando de maneira solista,
Måi + Zeltia Irevire
Zeltia Irevire é un trío de música Folk Tribal, é un proxecto de música ligado ao pobo formado en 2019 en Santiago de Compostela. Comezando de maneira solista, o proxecto vai madurando progresivamente co formato trío: Zeltia Acuña (guitarra e voz), Migui Carballido (bodhran, percusións e coros) e Cibrán Seixo (violín e moog). Tras anos de experiencia no underground galego, vai collendo forza noutros planos locais tocando en salas e pubs recoñecidos.
Måi é unha nova proposta de Iseo Agilda, na que nos achega cancións propias, que proceden dunha dimensión máis íntima e trascendente do que ata agora nos dera a coñecer como membro de Sacha na Horta ou Blues do País. Presenta o primeiro disco ‘Nigredo’, que nace da vocación de servir de ritual de conexión e arraiago co máis esencial da vida. Neste son tan persoal deseñado para este ritual foi esencial o violoncello de Margarida Mariño, a perscusión de Migui Carballido, os coros e a pandeireta de Icía Sanmartín e o teclado de Cris Asenjo.
Esta será un cita dobre, pois comparten o evento coa presentación do agardado disco de Zeltia Irevire, con quen sinten grande afinidade no espírito e temática das súas músicas. Ademais, comparten ao percusionista Migui Carballido, un nexo máis que une a estas dúas músicas.
Música dende onde medran as raíces para celebrar o noso.
ENTRADAS
Entradas anticipadas á venta na Cantina As Pedriñas e Nós Cervexería (Rúa Vencezuela) por 8€.
Na billetería por 10€.
Sábado 11 ás 22h na Sala Rebullón.
Máis

(Sábado) 22:00
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain