Magosto Beade

12nov19:00Magosto BeadeAS NOSAS FESTAS | De balde19:00(GMT+01:00) Centro Cultural de Beade

Detalles do eventos

O 12 de novembro volve a tradición a Beade coa Festa do Magosto. As veciñas e veciños da parroquia desfrutarán da gastronomía en compaña de amigos e familiares.
A ración de castañas con vaso de viño ou auga terá un módico prezo de 1€. Ademais, haberá choripán, empanadillas e empanada a prezos populares.

A música virá a cargo das Pandereteiras “A Volta do Demo” e Gaiteiros “Arume”!