bannerTerraCeo
bannerArmadinhaRock

09ago20:00I love Rock & RollPEQUERRECHOS | De balde20:00 Parque Castrelos

I love Rock & Roll

Vigo en Festas contará con catro espectáculos pensados para os máis pequenos e para gozar en familia. Celébranse cada martes, desde o 19 de xullo e ata o 9 de agosto ás 20h. Se queres coñecer a programación de Castrelos para adultos, podes vela aquí.

19 de xullo – Coco Tributo Musical

Adaptación do filme de Disney, unha historia baseada na tradición mexicana do Día de Mortos, que nos achega á vida dun mozo que soña con ser un gran músico tendo que enfrontarse á oposición da súa familia.

26 de xullo – O Rei da Sabana

Primeira adaptación ao galego dun dos musicais máis teatrais da actualidade cun elenco de 13 solistas e un coro de máis de 20 voces en directo, nunha ambientación de gran impacto visual.

2 de agosto – Magic Dreams

Tributo ás cancións infantís que combina a maxia, música e contos populares con Mickey Mouse vivindo aventuras de varios contos da factoría Disney, cancións en directo, acrobacias e coreografías de vertixe.

9 de agosto –  I love Rock & Roll

Espectáculo didáctico de 60 minutos de duración con música en directo para dar a coñecer a historia do rock and roll a través da interpretación de temas populares de diferentes épocas e bandas históricas como The Beatles, Led Zeppelin, AC/ DC, Guns& Roses, Metallica, Iron Maiden ou Nirvana.

Máis

X