Luis Zahera en Cañaveral

28xul20:00Luis Zahera en CañaveralESPECTÁCULOS | Desde 18,00€20:00(GMT+02:00) Cañaveral

Detalles do eventos

O actor e cómico Luis Zahera visita este xoves ás 20:00 Cañaveral, situado na Porta do Sol. A entrada inclúe consumición.

Actorazo incansable, cómico por xenética, Luís está a vivir o momento máis doce da súa carreira como actor, que compaxina como boamente pode, coa súa faceta máis cómica a golpe de monólogos, e percorrendo cada recuncho de Galicia.
Cun Goya debaixo do brazo, recibido hai uns anos, é a culminación e o recoñecemento a unha traxectoria de grandes interpretacións. Quen non se acorda do entrañable Petroleo, en Mareas Vivas, ou de Pertur, o malo de “Sin tetas no hay Paraiso”. Quen non se sorprendeu co yonqui de “Celda 211”, ou co papel como Hierro, en “Vivir sin permiso”, acompañando sempre fielmente a Nemo Bandeira, interpretado por José Coroado. Como colofón a todo isto, a súa interpretación na galardoada pelicula “El Reino”, de Rodrigo Sorogoyen, é sinxelamente maxistral, tanto, que lle concederon o Goya ao mellor actor de reparto.
Nesta ocasión imos gozar da faceta máis cómica de Luís, nun monólogo repleto de historias e histerias, onde as risas están garantidas.

Programación en Cañaveral:

Mércores 27, 20h – Dania Diva, concierto de sopranoXoves 28, 20H – Luis Zahera, espectáculo cómico ChungoVenres 29 e sábado 30, de 20h a 22h – Sesión DJSábado 30 de 11h a 13h- Taller infantil de decoración de froita

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Cañaveral

Praza Porta do Sol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events