COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Luar na Lubre pechará o Festival Folclórico en Castrelos

25xul22:00Luar na Lubre pechará o Festival Folclórico en CastrelosCONCERTOS | De balde22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

Luar na Lubre actuará o próximo luns, 25 de xullo, para pechar o XXVIII Festival Folclórico Internacional. A actuación polo día do Apóstolo terá lugar no escenario exterior de Castrelos ás 22h e será gratuíta.

Interfolc Vigo en colaboración co Concello de Vigo organizan unha nova edición deste festival que este ano trae a terras galegas aos grupos Guarionex de Puerto Rico, Fusión Folklórika de México e Sörbö de Costa Rica. O evento que visitará distintas parroquias viguesas arranca o próximo mércores día 20 no Centro Cultural de Beade, onde tamén actuarán os grupos folclóricos de dita parroquia: Gaiteiros “Arume” e o Grupo de Baile Galego “Semente da Arte Galega”.

O festival continuará do 21 ao 24 de xullo en Valadares, o Auditorio Municipal do Concello, Cabral e Castrelos respectivamente. o grupo coruñés Luar na Lubre será o encargado de poñer o ramo ao evento o día 25.

Máis

Hora

25 xullo, 2022 22:00(GMT+02:00)