
Detalles do eventos
Losers é xusto iso, a vida. Dúas personaxes que chegan á corentena e que non teñen nada do que se supón que deberan ter con esa idade.
Losers
Losers é xusto iso, a vida. Dúas personaxes que chegan á corentena e que non teñen nada do que se supón que deberan ter con esa idade.
Imanol e Sara roldan os corenta e non teñen nada do que a sociedade di que deberan de ter a esa idade. Nin descendencia, nin parella, nin casa… É por iso que se senten perdedores. Pensan que non van dar saído adiante e que nunca van ser felices. Mais engánanse. Porque ser feliz non depende de bens materiais, de modas ou de normas sociais, depende de nós sos. De superar os nosos medos e as nosas limitacións. A ver se o conseguen…
Duración: 1h 30 min
Máis
(Martes) 20:30