COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Los del Pirata Cojo

24set22:00Los del Pirata CojoCONCERTOS | Desde 10,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rouge

Detalles do eventos

Los del Pirata Cojo son unha banda de oito compoñentes que se unen para facer música-tributo a Joaquín Sabina. Como lles resultou imposible escoller un repertorio, xa que as cancións de Sabina non llo permitían, decidiron facelas todas: as do principio, as de agora, as máis rockeiras, as máis lentas, as bailables e as “saltables”. A súa intención con este tributo arrinca desde a paixón que senten polo mestre, pero canción a canción, ensaio a ensaio, fóronse dando conta de que había moito máis. Á vez que se mergullaban nas súas letras, viron que a banda de Sabina non estaba detrás del, senón ao seu lado e eles queren levar estas mesmas “maneiras” ao escenario. Son oito, e cada un tenta levar o seu instrumento ao estilo dos oito músicos que conforman a banda de Joaquín, entendendo que todos eles non só tocan con Sabina senón que tamén o complementan.

Máis

Hora

24 setembro, 2022 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events