REVISTA ABRIL

Lonxa fronte ao Tamberlick

03dec12:3017:30Lonxa fronte ao TamberlickFESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:30 - 17:30(GMT+01:00) La Contenedora

Detalles do eventos

Lonxa fronte ao Tamberlick é un evento no que conflúen a gastronomía, a arte, a artesanía, o deseño e a música, organizado por La Contenedora. Queren rendir homenaxe ao seu veciño de fachada, o que fora o cine circo Tamberlick, a primeira sala na que se proxectou unha película na cidade.

Farase un encontro mensual. Un pequeno mercado diurno que terá lugar o primeiro sábado de cada mes. O sábado 3 de decembro é a segunda Lonxa, que comezará ás 12:30h ata as 17:30h. e participarán cos seus postos oito artistas, marcas de artesanía ou deseñadores de diferentes disciplinas. Amenizará o dj Repunante e gozaremos dos pratos de Vionkas Bake.

Máis

Hora

(Sábado) 12:30 - 17:30(GMT+01:00)

Localización

La Contenedora

Rúa de Eduardo Iglesias, 11, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events