bannerRevistaOnline

10abr18:00'Leonardo e os Biosbardos'PEQUERRECHOS | Desde 8,00€18:00 Sala Ártika

'Leonardo e os Biosbardos'

Esta fin de semana, A xanela do Maxín presenta o seu espectáculo ‘Leonardo e os Biosbardos’, na Sala Ártika. Un espectáculo para nenos e nenas maiores de 6 anos..

Sinopse:

Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma.

Entre tanto debe tamén coidar de pecharlle ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer misteriosamente e é que na súa granxa outro drama se está a cocer… os raposos teñen atemorizados aos habitantes do galiñeiro cos temibles Biosbardos. A cambio da protección esixen a súa comida preferida: ovos de galiña.

A través do acoso introdúcese a superación dos medos, racionais e irracionais. Non renderse, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas como un medio para favorecer a educación integral das persoas.

Data:

Domingo 10 de abril de 2022 ás 12:00h e 18:00h.

Idades recomendada: + 6 anos

Duración: 50 Min.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X