Leira Papaia
13ago13:00Leira PapaiaCONCERTOS | De balde13:00(GMT+02:00) Deilán praia
Detalles do eventos
Leira Papaia, como o seu nome ben indica, é unha mistura altamente orixinal das cantigas galegas coas cancións dos boleros e os estilos tropicais dos “arredores”. O trío
Detalles do eventos
Leira Papaia, como o seu nome ben indica, é unha mistura altamente orixinal das cantigas galegas coas cancións dos boleros e os estilos tropicais dos “arredores”. O trío formado por violín, guitarra e contrabaixo, explora dende a sonoridade acústica do instrumental e as voces, todas as posibles músicas que xurdiron tanto na Galiza como no exilio dos “gallegos”. Unha proposta que actualiza tanto o folklore patrio coma os boleros ou a música do exilio. Leira, raíz, bolero, Papaia, música intimista e altamente extrovertida, danzas, bailes. Vas quedar cun sorriso nos beizos e nas pernas. Inda que a formación do grupo é recente (mediados do 2021), os seus membros contan con ampla experiencia en grupos coma Trilitrate, Cró!, O.M.E.GA, METAMOVIDA entre outros e na súa curta vida xa participou con éxito en ciclos como o “PORTAS DO CAMIÑO” dentro do XACOBEO 2021 ou “MÚSICA EN SALAS” da Xunta de Galicia.
Máis
Hora
13 agosto, 2023 13:00(GMT+01:00)
Localización
Deilán praia
barciela 95 (14,14 km) 36142 Vilaboa
Séguenos nas redes