Laxeiro, paisaxes de adolescencia
Detalles do eventos
Laxeiro, paisaxes de adolescencia ilustra un momento do artista no que, acabado de chegar de La Habana, aínda andaba á procura dunha mirada propia. As sete obras sobre papel
Detalles do eventos
Laxeiro, paisaxes de adolescencia ilustra un momento do artista no que, acabado de chegar de La Habana, aínda andaba á procura dunha mirada propia. As sete obras sobre papel que compoñen a exposición, datadas entre 1926 e 1930, teñen como temática común a paisaxe, algo que non é frecuente na produción do pintor que, a partir dos anos trinta, adoitou como tema central da súa obra escenas cheas de personaxes, cos que foi construíndo a súa persoal narrativa, entre o pensamento máxico e o esperpento. Estas paisaxes de adolescencia descúbrenos a mirada dun rapaz (entre os 18 e os 22 anos) que captaba a súa contorna visual, aínda sen un estilo definido, cunha inocencia que aporta novas claves para entender a súa traxectoria.
Poderá visitarse ata o 15 de outubro
HORARIO
Luns 18:00 -21:00
Martes 18:00 -21:00
Mércores 18:00 -21:00
Xoves 18:00 -21:00
Venres 18:00 -21:00
Sábado 12:00 -14:00, 18:00 – 21:00
Domingo 12:00 – 14:00
Máis
Hora
3 agosto, 2023 18:00 - 15 outubro, 2023 21:00(GMT+01:00)
Localización
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes