ASNEVES
REVISTA MAIO

Laxeiro, paisaxes de adolescencia

03ago(ago 3)18:0015out(out 15)21:00Laxeiro, paisaxes de adolescenciaARTE E MUSEOS | De balde(agosto 3) 18:00 - (outubro 15) 21:00(GMT+02:00) Fundación Laxeiro

Detalles do eventos

Laxeiro, paisaxes de adolescencia ilustra un momento do artista no que, acabado de chegar de La Habana, aínda andaba á procura dunha mirada propia. As sete obras sobre papel que compoñen a exposición, datadas entre 1926 e 1930,  teñen como temática común a paisaxe, algo que non é frecuente na produción do pintor que, a partir dos anos trinta, adoitou como tema central da súa obra escenas cheas de personaxes, cos que foi construíndo a súa persoal narrativa, entre o pensamento máxico e o esperpento. Estas paisaxes de adolescencia descúbrenos a mirada dun rapaz (entre os 18 e os 22 anos) que captaba a súa contorna visual, aínda sen un estilo definido, cunha inocencia que aporta novas claves para entender a súa traxectoria.

Poderá visitarse ata o 15 de outubro

HORARIO

Luns 18:00 -21:00

Martes 18:00 -21:00

Mércores 18:00 -21:00

Xoves 18:00 -21:00

Venres 18:00 -21:00

Sábado 12:00 -14:00, 18:00 – 21:00

Domingo 12:00 – 14:00

Máis

Hora

Agosto 3 (Xoves) 18:00 - Outubro 15 (Domingo) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events