
31mar19:30LaroáCONCERTOS | De balde19:30 CC Vialia
Detalles do eventos
Música en directo en Vialia o venres 31 ás 19:30 horas. Laroá nace a principios do ano 2016 inspirados pola procura dunha fusión de
Laroá
Música en directo en Vialia o venres 31 ás 19:30 horas.
Laroá nace a principios do ano 2016 inspirados pola procura dunha fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da Península Ibérica. Partindo na súa maioría das influenzas da música lusófona e de raíz, penetrámonos nun universo de exploración de novos horizontes musicais, nunha viaxe sonora repleta de mesturas e variedade.
Unha banda de World Music que cociña sons con sabor e cor. Unha proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, onde o espazo e o tempo conflúen nunha música chea de matices, texturas e ambientes. A sonoridade do grupo flúe a través do amplo abanico tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que o conforman, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. Un proxecto froito da inquietude de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical, na procura dunha sonoridade e linguaxe propio.
Máis

(Venres) 19:30
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra