
17mar22:00La Tronka Jazz QuartetCONCERTOS | 6,00€22:00 La Pecera
Detalles do eventos
La Tronka Jazz Quartet, non é un grupo de jazz, é máis ben un grupo de rock irreverente (por etiquetalo nalgún tipo de música), nacido de diferentes formacións
La Tronka Jazz Quartet
La Tronka Jazz Quartet, non é un grupo de jazz, é máis ben un grupo de rock irreverente (por etiquetalo nalgún tipo de música), nacido de diferentes formacións da escena musical viguesa.
Cunha traxectoria de máis de 20 anos sobre os escenarios, consolidaron un repertorio propio, onde dan cabida tanto ao rock máis auténtico, como á copla ou o soul, sempre baixo o selo do irreverente e transgresor.
Con máis de 200 concertos en directo por toda a xeografía nacional e diversos recoñecementos (Mellor grupo en directo Maketón 2003, Mellor grupo de Vigo 2007 elixido polos lectores de “Fugas” e lavozdegalicia.es), La Tronka Jazz Quartet soubo crear un forte lazo co público a través dunha poderosa forza en escena e, sobre todo, das súas improvisacións, que son a clave diferencial do grupo .
Aman os extremos, a súa mellor virtude e defecto é que rin de todo e utilizan a improvisación para converter cada un dos seus concertos nunha festa para eles e para os que os ven.
Máis

(Venres) 22:00
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra