COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

La sombra de Justine

20out22:30La sombra de JustineCONCERTOS | De balde22:30(GMT+02:00) Cuarenta

Detalles do eventos

O xoves 20 de outubro estará en concerto na sala Cuarenta La Sombra de Justine, unha banda adicada a facer versións de temas nacionais dos 80 e 90, ademais de temas propios. A presentación do grupo será a modo de performance, para dar a coñecer o estilo, os compoñentes e parte do repertorioque a banda propoñerá para os seus próximos directos, a partir do mes de novembro.

La Sombra de Justine é unha banda viguesa de catro integrantes que se presenta facendo un estilo fresco e estival de versións de cancións míticas do panorama musical nacional dos anos 80 e 90. Estes temas están adaptados ao son Indie Dance e Synth Pop que está á orde do día en Europa, sen perder en ningún momento a esencia das cancións orixinais.

Sobre o escenario dúas voces femininas, Vero e Noe, con Suso aos sintes e Anxo á percusión, levan o son do pop máis comercial e electrçonico aos temas de sempre, facendo das súas actuacións un sin fin de cancións recoñecibles de toda a vida.

Xoves 20 ás 22:30

Máis

Hora

20 outubro, 2022 22:30(GMT+02:00)

Localización

Cuarenta

Rúa de Rosalía de Castro, 29, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events